Sunday 05 de May de 2024

O Concello comeza os traballos de extensión da rede de saneamento no lugar de Padrín por valor de 108.638,60 euros


Con esta intervención darase servizo a 7 vivendas da zona, así como a numerosas parcelas edificables.

O Concello de Miño comezou esta semana os traballos de extensión da rede de saneamento no lugar de Padrín, na parroquia de Bemantes, por valor de 108.638,60 euros. Esta intervención, que executa a empresa Espiña e Delfín, dará servizo a sete vivendas da zona comprendida entre Padrín e Ansimonde, así como a numerosas parcelas edificables. A vía na que se acomterán os traballos ten aproximadamente 150 metros de alto.
As obras consisten na localización dunha tubaxe de PVC a profundidades maiores. Colocaranse, á súa vez, 11 pozos de rexistro ao longo da canalización e encheranse as gabias con material seleccionado da propia escavación. A zona de actuación pavimentarase cunha capa de formigón de 20 centímetros de espesor, e contémplase tamén a posibilidade de executar un camiño que una os lugares de Padrín e Ansimonde cunha capa de saburra artificial.
Grazas a estes traballos, veranse notablemente mellorados os servizos de saneamento en ‘sete vivendas da zona de Padrín e Ansimonde, producíndose así unha optimización dos recursos e unha mellora na calidade de vida destas veciñas e veciños’, achega o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, quen destacou que ‘a seguinte obra de saneamento a executar será a instalación do colector xeral de rede de sumidoiros na Prata& quot;’, sinalou o rexedor miñense.